Dende o xoves 8 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2022/23.
O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.
Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:
1.- Cubrir a Folla de inscrición das actividades que che interesen:
1.1 -Vermella: Actividades Deportivas.
1.2-Marrón: Actividades Maiores Ximnasia, Aerobic, Padel, Ioga, Zumba.
1.3-Verde: Actividades Culturais.
2.- Entregar a Folla de inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es
Tes que facer o pago nos seguintes números de conta:
ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)
ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)
4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.
5.- Prezo:
ACTIVIDADES NORMAIS:
1 actividade 60 €, 2 actividades 52,50 €, 3 actividades 45 €
En caso de ser familia directa (pais/fillos):
Prezo 2 irmáns 52,50 €, 3 irmáns 45 €
XIMNASIA MANTEMENTO:
1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)
XIMNASIA MAIORES:
1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)
6.- Tes que enviar copia do recibo o email: cultura.deportes@concellodenegreira.es
ou entregala de forma presencial na oficina de Cultura e Deportes.
7.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886
No hay comentarios:
Publicar un comentario