jueves, 29 de abril de 2021

A 2ª cota das Escolas queda exenta de cobro

 


Co ánimo de axudar ás familias durante a pandemia do coronavirus, e de cara a promocionar o deporte e a cultura; tomouse a decisión de non pasar ó cobro a segunda cota das Escolas Deportivas e Culturais Municipais neste segundo trimestre de 2021.

 

Deste xeito, todas as persoas que estean anotadas nas referidas actividades municipais non terán que facer fronte o segundo pago das actividades que se extenderán até o 29 de maio de 2021.

 

A Delegación de Cultura e Deportes, seguirá aplicando todos os protocolos preventivos marcados pola Xunta de Galicia, demostrando que son seguros e necesarios.

 

Conscientes dos beneficios destas actividades, o Concello de Negreira anima a toda a veciñanza a seguir facendo deporte, ben sexa ao aire libre, interior, ou realizando as actividades culturais que máis lle gusten, sempre con #sentidiño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario