miércoles, 19 de mayo de 2021

Grandes resultados das ximnastas de Negreira

 A pesar de ser un ano dificil para o deporte en xeral, e máis en concreto para os xóvenes das Escolas Deportivas de Negreira, as alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica colleitaron duas medaias na primeira proba do Torneo Interescolas celebrado no Carballiño o pasado 8 de maio, organizado polo Club Marusia e no que participaron clubs de toda Galicia.

Cos problemas para poder adestrar dende o inicio da pandemia, e cos estrictos protocolos contra o Covid 19 as nosas rapazas puideron nesta "estrana" tempada 2020/21 seguir facendo deporte e dende logo estar a altura dos mellores clubs na cita ourensán.

Sofia García Cerviño, acadaba unha medaia de prata na categoría Prebenxamín escolar e o equipo Infantil de nivel 1, composto por Aldara Tuñas, Julia Suárez e Yasmín Martinez tamén conquería a medaia de prata.

A seguinte proba será de forma On-line, onde as nosas rapazas adestradas por María Fernández, tentarán seguir colleitando éxitos. Moita sorte!!


+info: PINCHA AQUÍ



No hay comentarios:

Publicar un comentario