jueves, 9 de septiembre de 2021

Dende o 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Escolas.

 


Dende o  mércores 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2021/22.


O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 1 de outubro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ 

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Azul: Actividades Deportivas.
1.2-Verde: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel e Ioga.
1.3-Naranxa: Actividades Culturais.

2.- Entregar a Folla de inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

3.- Pagar a Cuota de inscrición na conta do Concello de Negreira

Tes que facer o pago nos seguintes números de conta:

ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)

ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)


4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.


5.- Prezo:

ACTIVIDADES NORMAIS:

 1 actividade 60 €, 2 actividades 52,50 €, 3 actividades 45 €

En caso de ser familia directa (pais/fillos):

Prezo 2 irmáns 52,50 €, 3 irmáns 45 €

XIMNASIA MANTEMENTO:

1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)

XIMNASIA MAIORES:

1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)


6.- Tes que enviar copia do recibo o email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

ou entregala de forma presencial na oficina de Cultura e Deportes.


7.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886



8.- Recorda que as clases comenzan a segunda semana de outubro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario