jueves, 24 de noviembre de 2022

Aberto o prazo para a IV Carreira do Turrón


 O sábado 10 de decembro a partir das 16:30 h. volve a Carreira do Turrón, unha proba no que o máis importante é pasalo ben e finalizar o ano facendo deporte.

Nesta cuarta edición  vanse a celebrar tres carreiras con distancias que van dende os 100 m. do BIBERÓN ata os 4.000 m. dos ADULTOS nunha xornada festiva, onde o menos importante e gañar. A inscrición é gratuita e para participar só tes que traer 1 KILO de ALIMENTOS, que serán entregados os Servizos Sociais do Concello para distribuilo as familias sen recursos de Negreira.


A inscrición está aberta ata o VENRES 9 de decembro ás 14:00 h.
Contamos contigo este ano e non te olvid
es de vir disfrazado para ocasión.

miércoles, 7 de septiembre de 2022

Aberto o prazo das Escolas Deportivas Deportivas e Culturais 2022/23


 

    Dende o  xoves 8 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2022/23.


O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ 

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Vermella: Actividades Deportivas.
1.2-Marrón: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel, Ioga, Zumba.
1.3-Verde: Actividades Culturais.

2.- Entregar a Folla de inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

3.- Pagar a Cuota de inscrición na conta do Concello de Negreira

Tes que facer o pago nos seguintes números de conta:

ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)

ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)


4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.


5.- Prezo:

ACTIVIDADES NORMAIS:

 1 actividade 60 €2 actividades 52,50 €3 actividades 45 €

En caso de ser familia directa (pais/fillos):

Prezo 2 irmáns 52,50 €, 3 irmáns 45 €

XIMNASIA MANTEMENTO:

1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)

XIMNASIA MAIORES:

1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)


6.- Tes que enviar copia do recibo o email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

ou entregala de forma presencial na oficina de Cultura e Deportes.


7.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886



8.- Recorda que as clases comenzan o día 10 de  outubro.

jueves, 14 de octubre de 2021

O venres 15 de outubro comenzan as Escolas Deportivas e Culturais 2021/22

 

O venres 15 de outubro de 2021 darán comenzo as Actividades Deportivas e Culturais do Concello de Negreira 2021/22, unhas actividades que terán unha duración de 8 meses ata o 15 de maio.

Todos os inscritos foron admitidos debido a o levantamento das restriccións sanitarias en Galicia e a ampliación de aforos.

A pesar diso todavía debemos cumplir coas seguintes normas durante as clases:


NORMAS OBLIGATORIAS COVID19:

1.- O uso da mascarilla é obligatoria en todas as actividades.

2.- Na entrada dos recintos haberá xel hidroalcólico para os usuarios.

3.- Non se poderá usar as duchas nas instalacións.

4.- Estará habilitada unha  zona de ENTRADA e outra de SAIDA (nos recintos que se poda realizar).


Para ver o LISTADO DE ADMITIDOS nas distintas actividades 

jueves, 9 de septiembre de 2021

Dende o 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Escolas.

 


Dende o  mércores 15 de setembro está aberto o prazo de inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2021/22.


O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 1 de outubro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ 

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Azul: Actividades Deportivas.
1.2-Verde: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel e Ioga.
1.3-Naranxa: Actividades Culturais.

2.- Entregar a Folla de inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

3.- Pagar a Cuota de inscrición na conta do Concello de Negreira

Tes que facer o pago nos seguintes números de conta:

ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)

ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)


4.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.


5.- Prezo:

ACTIVIDADES NORMAIS:

 1 actividade 60 €, 2 actividades 52,50 €, 3 actividades 45 €

En caso de ser familia directa (pais/fillos):

Prezo 2 irmáns 52,50 €, 3 irmáns 45 €

XIMNASIA MANTEMENTO:

1 actividade 50 € (non ten desconto por máis actividades)

XIMNASIA MAIORES:

1 actividade 40 € (non ten descontos por máis actividades)


6.- Tes que enviar copia do recibo o email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

ou entregala de forma presencial na oficina de Cultura e Deportes.


7.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886



8.- Recorda que as clases comenzan a segunda semana de outubro.


miércoles, 19 de mayo de 2021

Grandes resultados das ximnastas de Negreira

 A pesar de ser un ano dificil para o deporte en xeral, e máis en concreto para os xóvenes das Escolas Deportivas de Negreira, as alumnas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica colleitaron duas medaias na primeira proba do Torneo Interescolas celebrado no Carballiño o pasado 8 de maio, organizado polo Club Marusia e no que participaron clubs de toda Galicia.

Cos problemas para poder adestrar dende o inicio da pandemia, e cos estrictos protocolos contra o Covid 19 as nosas rapazas puideron nesta "estrana" tempada 2020/21 seguir facendo deporte e dende logo estar a altura dos mellores clubs na cita ourensán.

Sofia García Cerviño, acadaba unha medaia de prata na categoría Prebenxamín escolar e o equipo Infantil de nivel 1, composto por Aldara Tuñas, Julia Suárez e Yasmín Martinez tamén conquería a medaia de prata.

A seguinte proba será de forma On-line, onde as nosas rapazas adestradas por María Fernández, tentarán seguir colleitando éxitos. Moita sorte!!


+info: PINCHA AQUÍ



jueves, 29 de abril de 2021

A 2ª cota das Escolas queda exenta de cobro

 


Co ánimo de axudar ás familias durante a pandemia do coronavirus, e de cara a promocionar o deporte e a cultura; tomouse a decisión de non pasar ó cobro a segunda cota das Escolas Deportivas e Culturais Municipais neste segundo trimestre de 2021.

 

Deste xeito, todas as persoas que estean anotadas nas referidas actividades municipais non terán que facer fronte o segundo pago das actividades que se extenderán até o 29 de maio de 2021.

 

A Delegación de Cultura e Deportes, seguirá aplicando todos os protocolos preventivos marcados pola Xunta de Galicia, demostrando que son seguros e necesarios.

 

Conscientes dos beneficios destas actividades, o Concello de Negreira anima a toda a veciñanza a seguir facendo deporte, ben sexa ao aire libre, interior, ou realizando as actividades culturais que máis lle gusten, sempre con #sentidiño.

viernes, 26 de febrero de 2021

Retómanse as Escolas Deportivas Municipais

 

O luns 1 de marzo volven as actividades Deportivas e Culturais do Concello de Negreira, adiadas no mes de decembro polas restriccións da Xunta.

Neste mes de marzo vaise a completar o primeiro trimestre das Escolas, e a intención é a de tratar de continuar a partir de abril e realizar outro trimestre.

As medidas preventivas son as publicadas no DOG número: 38-BIS do xoves, 25 de febreiro de 2021 

para velo PINCHA AQUÍ

A intención das Escolas e a de manter a actividade Deportiva e Cultural activa, sempre coas máximas garantías sanitarias e preventivas.

lunes, 11 de enero de 2021

As Escolas Deportivas e Culturais adiadas temporalmente


 As Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Negreira, teñen que ser adiadas ata que os datos epidemiolóxicos melloren, dende hoxe luns 11 de xaneiro.

As instalacións deportivas están pechadas a espera de reabrir para poder seguir coas actividades previstas.

Seguimos coas restriccións de nivel MEDIO-ALTO xunto os Concellos de Santa Comba e Mazaricos.

viernes, 6 de noviembre de 2020

Comenzo das actividades Culturais e Deportivas

 

O vindeiro luns 9 de novembro darán comenzo as actividades Deportivas e Culturais do Concello de Negreira, unhas actividades con restriccións e grupos reducidos.

Todos os admitidos nas actividades poderán facer o pago do primeiro trimestre dende o 9 ao 20 de novembro.

Cal é o procedemento?

1.- Tes que facer o pago nos seguintes números de conta:

ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (ABANCA)

ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (SABADELL)


2.- No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.


3.- Prezo 1 actividade 20€, 2 actividade 35€, 3 actividades 45 €

En caso de ser familia directa (pais/fillos):

Prezo 2 irmáns 35€, 3 irmáns 45€


4.- Tes que enviar copia do recibo o email: cultura.deportes@concellodenegreira.es


5.- Para calquera dúbida podes chamar o teléfono 981.885 886


NORMAS OBLIGATORIAS COVID19:

1.- O uso da mascarilla é obligatoria en todas as actividades.

2.- Na entrada dos recintos haberá xel hidroalcólico para os usuarios.

3.- Non se poderá usar as duchas nas instalacións.

4.- Estará habilitada unha  zona de ENTRADA e outra de SAIDA (nos recintos que se poda realizar).

5.- O primeiro día das actividades darase unha folla individual a cada usuario coas normas.


lunes, 26 de octubre de 2020

Listados Escolas Deportivas e Culturais 2020/21

 

Despois de pechar o periodo de pre-inscrición das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Negreira, publicamos os listados de admitidos/as nas distintas modalidades.

Debido as restriccións publicadas no DOGA de "21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia", o número de alumnos por profesor e actividade é de 4 persoas, polo que impide o inicio das Escolas no plazo que estaba previsto, para o luns 2 de novembro.

O inicio das Actividades será anunciado tan pronto sexa posible levar a cabo as actividades con grupos máis numerosos dos que están permitidos na actualidade.


ADMITIDOS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS. Pincha aquí 

 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Aberto o prazo das Escolas Deportivas e Culturais 2020/21



Dende o  mércores 23 de setembro está aberto o prazo de pre-inscrición das Actividades das Escolas Deportivas e Culturais Municipais 2020/21.

O Concello de Negreira oferta máis de 30 actividades Deportivas e Culturais para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 23 de outubro podes facer efectiva a túa pre-inscrición na Delegación de Cultura e Deportes do Concello de Negreira, situado na Casa de Cultura.
A partir dese día farase público os listados de admitidos en cada actividadade, e haberá que realizar o pago do primeiro trimestre (20 €)

Se queres ver o listado de actividades PINCHA AQUÍ

Para facer efectiva a matricula en calquer Actividade Cultural o Deportivas, tes que facer os seguintes pasos:

1.- Cubrir a Folla de pre-inscrición das  actividades que che interesen:
1.1 -Azul: Actividades Deportivas
1.2-Verde: Actividades Maiores Ximnasia,  Aerobic, Padel e Ioga
1.3-Violeta: Actividades Culturais.

2.- Entregar a Folla de pre-inscrición cuberta.
Na Oficina de Cultura e Deportes ou enviar escaneado o documento ó email: cultura.deportes@concellodenegreira.es

3.- Dende o 23 ata o 30 de outubro estarán expostas as listas de admitidos en cada actividade.

4.- Pagar a Cuota de inscrición (1º trimestre) na conta do Concello de Negreira.
Só se pagará a partir de estar publicadas as listas de admitidos en cada actividade e grupo, entre o 2 e o 6 de novembro.

5.- Recorda que as clases comenzan o luns 2 de novembro.